HomeSucesosPiden 4 anos de cárcere por transportar medio quilo de droga nun...

Piden 4 anos de cárcere por transportar medio quilo de droga nun BMW interceptado en Quiroga

O fiscal tamén solicita unha multa de 73.000 euros para ambos os acusados.

Publicado o

- Advertisement -

Enfróntanse a 4 anos de cárcere por transportar cocaína nun coche interceptado en Quiroga
O fiscal tamén solicita unha multa de 73.000 euros para ambos os acusados

Dous homes sentarán mañá no banco dos acusados da Audiencia Provincial para responder por un suposto delito contra a saúde pública, despois de que a Garda Civil interceptounos no ano 2016 cando transportaban cocaína por un valor de 24.396 euros nun coche -BMW- que circulaba pola estrada Nacional 120, no termo municipal de Quiroga-.

Segundo o ministerio fiscal, ambos os procesados, de nacionalidade española, foron interceptados pola Garda Civil en marzo de 2016 á altura do quilómetro 498 da estrada Nacional 120, en Quiroga, cando transportaban un cuarto de quilo de cocaína que, supostamente, pretendían destinar “ao tráfico ilegal de drogas”.

O valor da droga intervida pola Garda Civil roldaba os 24.396 euros no mercado ilícito.O ministerio fiscal pide unha pena de catro anos de prisión e unha multa de 73.188 euros para ambos os acusados.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...