HomeComarca de QuirogaQuirogaActivo un incendio en Quiroga que afecta a Rede Natura

Activo un incendio en Quiroga que afecta a Rede Natura

Os servizos de extinción contan con apoio aéreo, con avión e helicóptero, ademais de brigadas e motobombas.

Publicado o

- Advertisement -

Os efectivos de loita contra o lume traballan na extinción dun incendio forestal que permanece activo no municipio de Quiroga.

O lume orixinouse sobre as 00,54 horas desta madrugada na parroquia do Hospital, nun dos municipios da Serra do Courel que forma parte de Rede Natura, aínda que desde a Consellería de Medio Rural non teñen confirmación de que afecte á zona de protección.

De momento, o incendio atópase activo e afecta a un once hectáreas. Os servizos de extinción contan con apoio aéreo, con avión e helicóptero, ademais de brigadas e motobombas.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...