HomesociedadeEvacuan en helicóptero medicalizado a un home tras caer desde unha fervenza...

Evacuan en helicóptero medicalizado a un home tras caer desde unha fervenza en Folgoso do Courel

Caeu uns 20 metros

Publicado o

- Advertisement -

Un home foi evacuado este sábado nun helicóptero medicalizado despois de caer desde unha fervenza en Folgoso do Courel, concretamente no salto de auga da Pedreira, no barranco do arroio de Ou Val.

Segundo informa o 112, foron varias as persoas particulares que alertaron dos feitos ao servizo, ao redor das 12,30 horas. Segundo indicaban, un home caera un vinte metros desde unha fervenza. Engadían que a persoa estaba fose da auga.

Con estes datos, o persoal puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES Quiroga-Folgoso do Courel, da Garda Civil e de Protección Civil de Folgoso do Courel.

Os servizos sanitarios mobilizaron un helicóptero medicalizado ata unha zona próxima ao lugar do suceso, no que foi evacuado a un centro hospitalario.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...