HomesociedadeO plan de recuperación do Courel contará con bancos de sementes ou...

O plan de recuperación do Courel contará con bancos de sementes ou produción de especies autóctonas en viveiros

A conselleira explicou que xa recibiron varias achegas e remarcou a proposta de realizar varios estudos técnicos para garantir a conservación da flora autóctona.

Publicado o

- Advertisement -

O plan de recuperación integral do Courel contará con medidas de preservación do patrimonio natural, que foi afectado os incendios forestais en xullo, como os bancos de sementes ou a produción de especies autóctonas en viviero.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, visitou este martes Folgoso do Courel onde tivo unha reunión coa comisión interdisciplinar, constituída no verán co obxectivo de deseñar o plan de recuperación integral.

Desta forma, a conselleira explicou que xa recibiron varias achegas e remarcou a proposta de realizar varios estudos técnicos para garantir a conservación da flora autóctona.

Así, os estudos dirixidos polo profesor, Antonio Rigueiro, constarán dun documento guía e un protocolo de actuación para o establecemento dun banco de germoplasma de sementes e especies propias do Courel.

“Despois trasladaranse para que nun viveiro haxa plantas suficientes para as súas restauracións, non só de árbores senón tamén de especies vexetativas, sen esquecerse das árbores únicas xa catalogadas”, explicou Vázquez.

Así, outro dos traballos, en palabras da conselleira, comezará en xaneiro e será dirixido polo profesor Jesús Dominguez, especialista en ornitofauna. Nese sentido, realizarase un estudo e seguimento de especies vulnerables como a perdiz, o águil ai o aguilucho.

“Unha metodoloxía para o seguimento das especies e ao mesmo tempo ver como afectaron os incendios e como vai afectar á nidificación de face á próxima primavera”, detallou Vázquez.

AXUDAS PARA Os DANOS

Ademais, a conselleira avanzou que a Xunta desenvolve axudas para que os concellos repoñan os danos causados polos incendios; para as comunidades de montes que están en zonas de RedNatura ou en Reservas da Biosfera; tamén para os clubs de cazadores para que “poidan fornecer e instalar sinais que arderon durante os incendios”. Finalmente, a conselleira lembrou que finalizou o prazo de axudas para as vivendas, do cal recibiu 19 solicitudes para a zona do Courel.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...