HomeComarca de QuirogaPlan de 'aprendizaxe constante' para empresas e traballadores da Comarca de Quiroga

Plan de ‘aprendizaxe constante’ para empresas e traballadores da Comarca de Quiroga

O proxecto 'O Courel, destino e futuro vital' abriu unha convocatoria de formación online para autónomos, emprendedores, directivos, profesionais e traballadores dos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro día 19 de setembro dará comezo a formación “Plan de aprendizaxe permanente e mellora das capacidades” dentro do proxecto “O Courel, destino e futuro vital”.

Os organizadores propoñen 30 cursos para elixir, segundo os intereses e necesidades de cada participante/s, que terán unha duración variable segundo a temática e complexidade de cada un e que se seguirán na modalidade online. O alumnado poderá inscribirse nun ou varios, pero respectarase a orde de inscrición para asignar as prazas.

Para coñecer todos e cada un dos cursos formativos pode accederse a traves da páxina web dos promotores e ao mesmo tempo anotarse tendo en conta que só hai dispoñibles 40 prazas que se completarán por orde de inscrición. Outra alternativa para a inscrición sería enviando un correo electrónico ao enderezo gestion@ocoureldestinoyfuturo.es

Os cursos iniciaranse o día 19 de setembro e rematarán o 24 de novembro podendo inscribirse os autónomos, empresarios, emprendedores e traballadores de calquera sector (comercio, hostalería, servizos, talleres, viticultura, etc) dos concellos de Ribas de Sil, Folgoso do Courel e Quiroga.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...