HomeEconomíaA D.O. Ribeira Sacra fixa o 23 de setembro como data recomendada...

A D.O. Ribeira Sacra fixa o 23 de setembro como data recomendada para o inicio da vendima

O pleno do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra reuniuse este 12 de setembro para decidir a data recomendada para o inicio xeneralizado da vendima na Denominación de Orixe e determinou o 23 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para establecer a data recomendada para o inicio da vendima téñense en conta os datos dos controis de maduración que técnicas do Consello Regulador realizaron en parcelas representativas das cinco subzonas da D.O. (Amandi, Chantada, Ribeiras do Sil, Ribeiras do Miño e Quiroga-Bibei) e con todas as variedades de uva acollidas á mesma. Os primeiros controis de maduración comezaron o día 26 de agosto.

O pleno decidiu como data oficial para esta campaña o 23 de setembro. O pasado ano a data oficial foi o 14 de setembro, finalizando a vendima alcanzando os 6.659.286 quilos de uva recollida.

Dende o pasado día 29 de agosto, algunhas adegas comezaron traballos puntuais de recollida de uva. Deste xeito, ata onte, 11 de setembro, 29 adegas dun total de 94 realizaron tarefas de vendima, chegando a un total de 244.707 quilos de uva recollida ata a mencionada data.

ÚLTIMAS

En marcha a humanización da Praza Luis García Arias en Chantada

Co mes de setembro deron comezo as anunciadas obras de mellora da Praza Luis...

Falece o octoxenario ferido por quedar atrapado baixo unha rozadora

O home octoxenario ferido o pasado luns tras quedar atrapado baixo unha rozadora en...

Monforte saca a licitación a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

O inmoble, situado nunha parcela de 620 m2, é propiedade do Concello de Monforte...

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...