HomeDeportes1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

A tan só dúas semanas da súa celebración e apurando os últimos detalles, os organizadores da proba amosan a súa satisfacción e sorpresa porque non esperaban superar os 1.200 rexistrados dos anos previos: “Pechamos o ano con 900 participantes, uns 50 máis que na última edición, feito que xa nos sorprendeu ao tratarse dunha moi boa cifra tendo en conta a cantidade de carreiras que hai actualmente".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas destácase o incremento de participantes doutras comunidades autónomas do país, con especial presenza de participantes de Madrid, Castela-León, Canarias, Baleares, País Vasco e Asturias. A participación internacional estará representada por corredores procedentes de Portugal, Alemaña e Estados Unidos.

Outros datos igualmente significativos son os incrementos nas porcentaxes de participación feminina, un 30%. Repuntan as distancias curtas: a carreiriña, que se estreou na pasada edición, con aumento de presenza entre os máis novos de 12 a 16 anos; e tamén a distancia do minitrail, cuns 400 rexistrados. Á súa vez, as dúas distancias ultra do sábado suman de novo uns 90 participantes, que por tratarse do temido e salvaxe territorio Lor son máis que valentes.

“Son cifras moi satisfactorias, debido a que queremos dar a coñecer o tesouro que encerra o Xeoparque Montañas do Courel na súa totalidade: como contorna natural indiscutible e tamén coas súas aldeas, xentes, cultura e gastronomía”, asegura a organización. Nesta edición cobra protagonismo unha parte do Xeoparque moi descoñecida, a montaña do Lor, que non deixará a ninguén indiferente pola súa beleza e dureza.

“Que a carreira manteña, ano tras ano, os centos de corredores galegos que non dubidan en volver unha vez máis e que xa sexa recoñecida tamén a nivel nacional énchenos de orgullo e satisfacción”, afirman Blas Rodríguez e Manuel Barreiro, directores da organización. A festa do trail galego celebrarase os días 28 de febreiro e 1 de marzo.

Quiroga Trail / Miguel Rua

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...