HomesociedadeCartas á Conselleira, AGACAL e aos concellos da DO Ribeira Sacra demandando...

Cartas á Conselleira, AGACAL e aos concellos da DO Ribeira Sacra demandando apoios para viticultores

SLG-CCLLL quéixase, por carta ás diferentes administracións, de que os viticultores/as que durante esta campaña de vendima na Ribeira Sacra "deixaron as uvas sen vendimar, ou que malvenderon a prezos moi baixos a particulares, ou que fixeron viño por non deixar as uvas sen vendimar, non coñecen a estas alturas ningunha medida que se puxera en marcha na Denominación de Orixe Ribeira Sacra para mellorar a súa situación", non recibiron aínda axudas porque as anunciadas para a destilación de crise e preservación da paisaxe non foron convocadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Á Conselleira de Medio Rural, María José Gómez e a AGACAL, reitéranlles a solicitude de convocatoria por parte da Consellería dunha mesa de traballo na que estean presentes todos os actores da Denominación de Orixe, “ou polo menos que fagan pública a folla de ruta para a Denominación de Orixe Ribeira Sacra”. Apuntan que, “Explicámoslle tamén á Conselleira Gómez que rematada a vendima na D.O. Ribeira Sacra, os datos publicados polo Consello Regulador constatan unha diminución de vendima nas uvas tintas de 1.780.408 quilogramos, case un 27% con respecto ao 2023.”

Aos alcaldes dos 19 concellos da D.O. Ribeira Sacra pídenlles “que insistan na necesidade de establecer medidas reais, claras e que se coñezan xa. Os anuncios que se quedan só niso, en simples anuncios, o único que provocan é un maior desánimo das persoas afectadas”.

Lembran desde SLG-CCLLLA que “a vendima do ano que ven empézase a finais deste ano polo que, se a Xunta de Galicia segue sen tomar ningunha medida, van quedar cepas sen podar”. E pídenlle á Consellería máis implicación co sector, “É moi rechamante que na Rioja a súa homóloga solucionase o problema de excedentes adoptando un marco legal para aprobar axudas de minimis, é dicir, que hai unha posibilidade clara e eficaz para apoiar ás persoas produtoras dende a Administración pública”.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...