HomesociedadeA Ribeira Sacra ao 83% de ocupación na Ponte de Todos os...

A Ribeira Sacra ao 83% de ocupación na Ponte de Todos os Santos

As cifras de previsión son moi semellantes ás das últimas pontes (2021 e 2022). Sen embargo, e debido ao exponencial crecemento do número de aloxamentos, resulta un aumento dunha ocupación de 2.000 prazas diarias máis comparado cos anos referidos

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os aloxamentos da Ribeira Sacra agardan unha ocupación dun 83% para a Ponte de Todos os Santos, segundo explican desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. Por categorías o Turismo Rural ten a maior previsión de ocupación co 97%.

No resto de categorías as previsións son as seguintes:

  • Hoteis 4 e 3*: 87 %
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 66 %
  • Outros alox. (albergues, pensións, campings, aptos, hoteis 2 e 1*): 81 %

As cifras de previsión son moi semellantes ás das últimas pontes (2021 e 2022). Sen embargo, e debido ao exponencial crecemento do número de aloxamentos, resulta un aumento dunha ocupación de 2.000 prazas diarias máis comparado cos anos referidos.

No que se refire ao mes de outubro, o xeodestino remata con case o 50% de ocupación e un 60% nas fins de semana:

  • Hoteis 4 e 3*: 57 %
  • Turismo Rural: 53 %
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 18 %
  • Outros alox. (albergues, pensións, campings, aptos, hoteis 2 e 1*): 52 %

Cos datos recollidos ata o de agora, “observamos que a por porcentaxe de ocupación é lixeiramente inferior ao mesmo período do 2023. Moitos atribúenllo á meteoroloxía que non foi moi favorable en moitos días do mes e que tamén repercutiron nalgunhas cancelacións”, apuntan desde o Consorcio de Turismo.

Sinalan tamén que, aínda así, o número de prazas ocupadas foi maior, 53% sobre 8.744 prazas en 2023 e 50% sobre 9.730 prazas en 2024 (>200 prazas). Para o mes de novembro, os aloxamentos xa contan cun terzo das prazas ocupadas. A porcentaxe máis alta de reservas rexístraa o turismo rural, cun 77% de ocupación para as fins de semana. Os hoteis de maior categoría (4 e 3 estrelas) son a única categoría que, polo de agora, augura unha ocupación igualmente repartida en días laborais coma nas fins de semana

ÚLTIMAS

A Cabalgata de Reis de Monforte comezará ás 18:30 en Doutor López Suárez

A chegada das Súas Maxestades a esta pista, está prevista ás 17.30h para que...

Activación da rede de nova xeración 4G e 5G e atención de incidencias que afecten á sinal da TDT

Nos vindeiros días terá lugar a activación da rede de nova xeración 4G e...

O Mercado de Nadal de Quiroga péchase con éxito e pénsase na continuidade

Este Mercado de Nadal, organizado polo Concello de Quiroga coa colaboración da Asociación de...