HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelC@urel Vivo pide a nulidade da marca de produtos cárnicos "O Caurel"

C@urel Vivo pide a nulidade da marca de produtos cárnicos “O Caurel”

Piden a nulidade da marca por inducir a erro aos consumidores sobre a procedencia dos seus produtos, que nada ten que ver coa Serra do Courel.

Publicado o

- Advertisement -

O voceio do grupo C@urel Vivo, Óscar Carrete, presentou unha moción no pleno do Concello de Folgoso do Courel pedindo a nulidade da marca de produtos cárnicos “O Caurel”, propiedade de Cecosa Varios S.L. Defenden que esta empresa está a utilizar o nome do Courel a pesares de que o que comercializan non ten nada que ver con esta área nin co que nela se produce.

Deste xeito, denuncian que Cecosa Varios S.L. está a incumprir os Artigos 6.3, 6.4 e 7 do Regulamento de Etiquetado, Presentación e Publicidade dos Produtos Industriais destinados á venda directa aos consumidores e usuarios; así como a Lei de Marcas (Lei 17/2001), que establece que non poderán ser rexistradas aquelas que poidan inducir ao público a erro sobre a súa natureza, calidade ou, neste caso, procedencia.

C@urel Vivo considera que a marca O Caurel está “reclamando a atención do cliente de que a materia prima ou envasado proben desta serra”. A próxima renovación do rexistro do nome desta empresa producirase o próximo 20 de xullo, polo que solicitan que Cecosa Varios S.L. aclare nos seus envases a procedencia dos seus produtos, “deixando claro que non ten nada que ver con esta serra”.

Envase da marca “O Caurel” / C@urel Vivo

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...