HomeEconomíaA praga de ratas xa afecta a máis de 1.600 hectáreas de...

A praga de ratas xa afecta a máis de 1.600 hectáreas de nove concellos

O sindicato Unións Agrarias alerta sobre os perigos para as explotacións, cuxos custos se viron incrementados ao ser inservible a súa superficie de pasto.

Publicado o

- Advertisement -

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, estimou en máis de 1,1 millóns de euros os danos causados polas ratas toupa en nove concellos da provincia de Lugo, sobre todo da montaña.

Segundo comentou, trátase dunha “praga” que se denunciou en 2019 e que afectaba os municipios de Triacastela e Pedrafita e que se acabou estendendo a BarallaAs Nogais, Cervantes, O Courel, Navia de Suarna, Samos e Becerreá.

A Consellería de Medio Rural cifra en 1.600 as hectáreas afectadas, aínda que “de seguro que son máis”. Por cada hectárea, perderíanse “700 euros” en forraxe e pasto, polo que o cómputo daría unhas perdas de 1.120.000 euros, segundo estimacións do sindicato agrario.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte de Lemos

Esta tarde, ás 19:00 h. tivo lugar a presentación oficial das novas instalacións da...

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...