HomesociedadeOs traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21...

Os traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21 de febreiro en Pantón

O Concello de Pantón será o encargado, outro ano máis, de pechar o Entroido na Ribeira Sacra coa celebración do Desfile Concurso de Disfraces e Carrozas que terá lugar o sábado, 21 de febreiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este ano serán os traxes tradicionais do Entroido de Budián os que abran o Desfile. A veciñanza deste lugar comezou hai anos coa recuperación desta celebración do Entroido máis tradicional, “Os brancos e os farranquís do Entroido de Budián abrirán o Desfile deste ano, é un modo de visibilizar e poñer en valor a recuperarción desta tradición e do esforzo das veciñas e veciños por conservala de ano en ano”, explica o alcalde, José Luis Álvarez.

O desfile do día 21 sairá ás 16.00h. do colexio Monte Baliño (os participantes presentaranse ás 15.30 levando o número de identificación que se lles entrega no momento da inscrición) para percorrer as rúas de Ferreira e finalizar na Praza do Concello, onde coa chegada da última comparsa comezará unha chocolatada baile e entrega de agasallos doces para os/as nenos/as.

Entroido Budián traxes tradicionais / Carlos Teixeira

As inscricións pódense facer ata o día 19 de febreiro ás 18:00h na Casa da Cultura de Pantón, debendo presentar o DNI do representante ou titular, certificado bancario da conta onde se ingresarán os cartos en caso de premio, dirección e número de teléfono

Establécense os seguintes premios:

Comparsas Adultos:

  • Categoría A: Grupos de 10 o máis compoñentes (300€, 200€ e 150€)
  • Categoría B: Grupos entre 5 e 9 compoñentes (150€, 125€ e 100€)
  • Categoría C: Grupos de entre 1 e 4 compoñentes (100€, 75€ e 50€)

Comparsas Infantís:

  • Categoría A: Grupos de 10 ou máis compoñentes (180€, 160€ e 150€)
  • Categoría B: Grupos entre 5 e 9 compoñentes (100€, 75€ e 50€)
  • Categoría C: Grupos de entre 1 e 4 compoñentes (50€, 40€ e 20€)

O xurado estará composto por cinco representantes elixidos por sorteo entre as comparsas de máis de 10 participantes, e unha persoa allea ás mesmas que exercerá o voto de calidade en caso de empate. Premiarase o vestiario e maquillaxe, elaboración do disfraz, a posta en escea e a música, podendo, o xurado, deixar deserto algún dos premios ou conceder algún accésit se o considerase.

Todas as comparsas que presenten carroza recibirán 50€ como axuda e as de máis de 10 compoñentes recibirán 80€ non acumulables ao premio. Os premios daranse a coñecer ao final do desfile e serán abonados en efectivo unha vez coñecidos os premiados.

As bases do Desfile Concurso poden consultarse na sede electrónica do Concello de Pantón, a través do seguinte enlace.

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...