HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelDeclaración institucional do Concello de Folgoso polo 8M

Declaración institucional do Concello de Folgoso polo 8M

Co gallo do Día Internacional da Muller, que se celebra o vindeiro 8 de marzo, o consistorio pronúnciase a favor, entre outras cousas, de "asegurar o benestar integral de todas as mulleres e avanzar noutras políticas de cohesión social e dinamización demográfica a través de medidas favorecedoras da plena igualdade e con perspectiva de xénero como reto irrenunciable".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora o próximo 8 de marzo de 2022, a Organización das Nacións Unidas escolleu o lema a “Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible” co obxectivo de recoñecer a contribución das mulleres e das nenas de todo o mundo, que están liderando os esforzos ante o cambio climático para construír un futuro máis sostible.

Dende o Concello de Folgoso “consideran necesario asegurar o benestar integral de todas as mulleres e avanzar noutras políticas de cohesión social e dinamización demográfica a través de medidas favorecedoras da plena igualdade e con perspectiva de xénero como reto irrenunciable”.

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

Reproducimos o resto do comunicado institucional do Concello de Folgoso:

“Para seguir contribuíndo a unha mellor calidade de vida das mulleres galegas, unha das prioridades de actuación será o fomento de estilos de vida saudables e do autocoidado para o benestar integral, facendo especial fincapé na atención das mulleres maiores, facilitándolles ademais oportunidades de envellecemento activo.

Doutra banda, debemos consolidar os recursos de atención ás mulleres, tanto para a atención aos problemas de saúde prevalentes na poboación feminina, como aqueles asociados aos dereitos relacionados coa saúde sexual e reprodutiva e coa maternidade.

Así, as Administracións públicas debemos seguir desenvolvendo políticas específicas dirixidas a mulleres en situación de dificultade ou especial vulnerabilidade.

Para acabar con todas as brechas de xénero que se identifican en numerosos informes internacionais debe haber unha resposta de continuidade a través da organización de campañas de concienciación social e doutras actividades de sensibilización en favor da igualdade real e efectiva de mulleres e homes en todos os ámbitos.

E para iso é fundamental que exista un compromiso rotundo dos partidos políticos, das organizacións sindicais, das administracións e institucións e de todas asociacións en xeral, que abarque actuacións coordinadas e proactivas neste senso, desde a mocidade ata as persoas de maior idade.

Procuremos unha sociedade na que impere o modelo coeducativo enfocado á ruptura dos estereotipos de xénero así como valores como o respecto á igualdade e á diversidade. É o momento de sumar esforzos e seguir traballando conxuntamente para conseguir que a igualdade sexa unha realidade.

O feminismo non é para perseguir o protagonismo de ningún partido político, o que se debe facer e unise e axudar nos retos que nos quedan por acadar e seguir a reclamar a igualdade de oportunidades: o feminismo é igualdade.”

ÚLTIMAS

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...