HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelBuscan ao atracador que asaltou o banco de Folgoso do Courel

Buscan ao atracador que asaltou o banco de Folgoso do Courel

Levou unha cantidade de diñeiro pendente de cuantificar.

Publicado o

- Advertisement -

Garda Civil busca á persoa que este pasado mércores asaltou unha sucursal bancaria no municipio de Folgoso do Courel tras inmobilizar ao director da entidade.

Así o informaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, que apuntaron que os feitos sucederon sobre as 14,00 horas deste pasado mércores nunha entidade bancaria de Folgoso do Courel.  As mesmas fontes concretaron que no interior da entidade soamente estaba o director no momento do roubo, que non resultou ferido.

O mesmo director indicou á Garda Civil que nos feitos participou unha persoa que levou un diñeiro “pendente de cuantificar“, aseguraron as mesmas fontes. Por iso, a Garda Civil abriu unha investigación para identificar e deter ao autor deste atraco.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...