HomePolíticaO BNG quere frear o 'illamento tecnolóxico' do Courel

O BNG quere frear o ‘illamento tecnolóxico’ do Courel

Tras varias accións realizadas nestes últimos meses, nesta ocasión a deputada Carme Aira achegouse ao Camping Municipal de Folgoso do Courel en Seoane para entrevistarse co seu responsable e coñecer as limitacións que ten no exercicio da súa actividade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende hai máis de seis meses o Bng promoveu diferentes accións para evitar o illamento tecnolóxico dalgunhas casas e negocios das Serras do Courel que ve como o peche da central de cobre deixa sen servizo a diferentes negocios e particulares.

Neste tempo organizaron varios actos de carácter reinvindicativo e informativo,  presentando incluso iniciativas no Congreso co obxectivo de evitar o peche da central de cobre, adiada seis meses pero desconectada na actualidade.

Na mañá do pasado xoves 16 de xuño, a deputada Carme Aira, acompañada do responsábel local Adrián González, entrevistáronse co responsable do camping municipal deste municipio, un dos empresarios prexudicados no Courel. En palabras de Aira, esta persoa está sendo prexudicada polo “incumprimento gubernamental e a falta de compromiso do goberno de España coas zonas de montaña”.

Nas xuntanzas desta semana con persoas afectadas, estivéronse barallando as alternativas tecnolóxicas que hai ao cable (satélite e radio), pero que non funcionan no municipio courelao. É tal a situación de desamparo ante as administracións que, ata asumindo os particulares e os negocios os gastos de instalación as compañías non dan o servizo. Diante desta circunstancia lesiva, lembran os nacionalistas que existe a obriga de dar o servizo, e neste intre hai fondos que tanto Galiza como España reciben precisamente como compensación polas áreas de montaña.

Neste senso, insisten que resulta intolerable que na era das tecnoloxías o Courel quede aillado e aínda por enriba se lle negue á súa poboación o acceso ás oportunidades de desenvolvemento que ten o resto do territorio.

“Mentres as administración nos obrigan a relacionarnos telematicamente, no Courel non podemos nin cobrar con TPV” reflexionaba en alto un dos damnificados pola actual situación cos que falou Carme Aira.

ÚLTIMAS

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo,...

27 e 28 de decembro, Mercado de Nadal en Quiroga

Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o...

A A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de árbores pirófitas no municipio

Como antecedentes, a Asociación explica que este verán quedou patente o poder devastador dos...

Roteiro “entre petróglifos e castros” en Pantón

A asociación cultural Segredos de Pantón convida a unha nova actividade o vindeiro domingo...