HomePolíticaO equipo de goberno do Courel deféndese das duras acusacións vertidas polo...

O equipo de goberno do Courel deféndese das duras acusacións vertidas polo PSOE

Publicado o

- Advertisement -

A pouco máis de medio ano para as vindeiras eleccións municipais, parece que ningún partido político actual quere deixar pasar a oportunidade de demostrar a súa valía e sinalar a mala xestión da oposición.

Se hai uns días era Carmen Álvarez, a portavoz do PSOE do Courel quen acusaba á actual rexedora, Dolores Castro, de non preocuparse polos veciños e de anotarse tantos que non lle corresponden, agora é a alcaldesa quen non mostra reparo algún á hora de defender tanto a súa xestión como a do seu partido.

O pasado 17 de setembro, un veciño da localidade tivo que ser trasladado en helicóptero ó centro hospitalario ante o cal, Carmen Álvarez, criticou que o aparato non puidese aterrar onde o centro médico. Segundo a alcaldesa, “loxicamente no puido aterrar onde o centro médico porque non hai sitio para facelo. No Courel hai 2 sitios para que os helicópteros aterren, o campo de fútbol en Ferreirós e o cruce de parroquia preto de Piñeira“. Dende a súa opinión, o PSOE o que tiña que facer “era comezar coas obras da residencia da terceira idade e deixarse de criticar actuacións como a do helicóptero onde non teñen razón algunha”.

E é que a residencia de terceira idade que está proxectado que se constrúa no antigo colexio é outro tema polémico no concello. O PSOE reivindica que esta obra é posible grazas a xestión feita pola Deputación de Lugo mentres que a alcaldesa popular di que, “no ano 2015 cando Elena Candia era presidenta da Deputación de Lugo, fomos nós os que propuxemos o proxecto. Sen embargo, coa entrada do PSOE no goberno provincial, a obra pasou a mans de Suplusa á propia Deputación e polo tanto andar a vender que se Courel ten unha residencia é grazas a súa xestión. Eu teño claro que todo é mentira porque para cando nós votamos a favor da súa construción foron os do PSOE os que votaron en contra e agora, anos máis tarde, como o goberno da Deputación é socialista, é unha obra deles. Que se deixen de tanto falar e que se poñan xa a traballar en serio co proxecto pois soamente está asinado o convenio e debería estar rematada para o 2019. Tendo en conta que o proxecto aínda non saíu a licitación, cómprelles o tempo para tela rematada no prazo acordado”.

Dolores Castro continúa a súa resposta ante a crítica da oposición socialista engadindo que, “claro que non estou 24 horas no Concello, como calquera alcalde. Non temos obriga de estar no noso despacho todo o día. Aínda hoxe fun a unha reunión pola mañá. Ademais iso de que non vivo no Courel obrígame a aclararlle a Carmen Álvarez que ela si que non vive no Courel e que eu estou segura de que paso máis horas alí ca ela”.

Finalmente, e para rematar coa batería de respostas a súa opositora, a rexedora recalca que, “cando entrei de alcaldesa, no Courel tiñamos que andar polas fiestras buscando cobertura e pouco a pouco estamos intentando arranxar o problema. Xa instalamos 5 repetidores novos e unha nova antena no fondo de Folgoso. Estamos en continuo contacto con Telefónica para que os problemas de comunicación dos veciños cada día sexan menores. Si é certo que Ferreirós aínda ten moitos problemas de comunicación que intentaremos ter solventados o antes posible”.

asistencia sanitaria no courel

Como sucede dende hai anos, no Courel non se están a cubrir as baixas de médicos nin enfermeiras do centro médico ao igual que tampouco se están a facer gardas nocturnas. Por iso, dende Courel Vivo e en Marea presentaron unha queixa ante Valedor do Pobo que admitiu a trámite a súa reclamación e para a cal se vai poñer en contacto coa Consellería de Sanidade.

Neste senso, todos os partidos do Courel, PP, PSOE e Courel Vivo, manifestaron a súa disconformidade coas actuacións levadas a cabo pola Xunta en materia de Sanidade. De acordo coa admisión a trámite desta queixa, Dolores Castro ten claro que “non é normal que non se cubran baixas nin vacacións ao igual que non teñamos un médico de garda. Temos unha poboación de avanzada idade e vivindo en núcleos moi espallados. Se a isto lle engadimos a neve no inverno, está claro que é imprescindible ter máis medios no noso centro de saúde“.

 

ÚLTIMAS

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...