HomesociedadeO Concello de Folgoso do Courel reunirase cos afectados polo incendio para...

O Concello de Folgoso do Courel reunirase cos afectados polo incendio para tramitar as axudas

A alcaldesa manterá un encontro este xoves coas familias que perderon a súa vivenda.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Folgoso do Courel manterá este xoves un encontro cos afectados que perderon a súa vivenda no incendio de xullo para tramitar axudas.

A alcaldesa, Lola Castro, confirmou este mércores que o goberno local “está a completar algún requirimento que pediron as comunidades de montes e apicultores” e axuda á veciñanza a contestar estas demandas “porque ía algunha documentación incompleta”.

O encontro deste xoves estará orientado a asesorar ás persoas que perderon a súa vivenda polo lume para que poidan solicitar as axudas ata o 22 de novembro.

En concreto, as subvencións pediranse para catro casas de primeiro uso e para outras oito segundas vivendas, como apuntou a rexedora, que avanzou que pedirán ao Goberno central que inclúa nas axudas, de 15.000 euros, a aquelas segundas residencias danadas polo lume.

Ademais das vivendas calcinadas polas chamas, tamén están afectados trece apicultores do municipio do Courel que perderon as súas explotacións. Neste caso, o consistorio recomendou aos apicultores que tramiten as solicitudes conxuntamente.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...