HomesociedadeA LU-651 estará cortada a partir do mércores polas obras na ponte...

A LU-651 estará cortada a partir do mércores polas obras na ponte sobre o río Lor en Folgoso

O corte total da estrada estará activo desde as 09.00 horas do mércores ata o domingo ás 18.00 horas, aproximadamente.

Publicado o

- Advertisement -

A LU-651 estará cortada a partir do próximo mércores con motivo das obras de reforzo na ponte sobre o río Lor, en Folgoso. O corte total da estrada estará activo desde as 09.00 horas do mércores ata o domingo ás 18.00 horas, aproximadamente.

Así o informou a Xunta, nun comunicado, que explicou que as actuacións son necesarias para reforzar a seguridade e a vialidade de forma eficiente na ponte, debido ao incremento de tráfico pesado polas obras de mellora da estrada entre Ferrería Vella e Seoane do Courel.

Estes traballos preventivos desenvolveranos na ponte á altura do punto quilométrico 27,18. Con todo, para facilitar o desprazamento entre Folgoso do Courel e Seoane durante o corte haberá itinerarios alternativos.

Desta forma, poderán tomar en Folgoso a estrada LUP-4701, cruzar o río Lor na ponte de Baldomir, e a 4,5 quilómetros, collendo o desvío por unha estrada local cara a Eiriz e Lousadela, onde se tomaría a LU-P-1306 cara á Seceda e Sobredo ata volver á LU-651, á altura de Mogoxe.

Para acceder a Seoane, especialmente os vehículos pesados, tamén poden optar por diferentes percorridos. Poderán acceder pola estrada provincial LU-P-1301 que entra no concello polo norte, procedente de Hospital, en Pedrafita do Cebreiro. Tamén poderán chegar pola LU-P-5601, por Lóuzara e Meiraos. Outra ruta sería a LU-P-1303, que provén do leste e do sur, procedente de Quiroga, por Ferramulín, Hórreos e Visuña.

Os accesos tanto a Ferreirós de Arriba como a Ferreirós de Abaixo desde Folgoso do Courel non se ven afectados. Da mesma forma, os accesos desde Seoane á Ferrería Nova, Ferrería Vella e Mercurín tamén permanecen operativos.

ÚLTIMAS

A operación “PonsGoian”, dirixida por un xulgado de Sarria, desarticula unha trama de branqueo de capitais

Trátase da operación 'PonsGoian', iniciada o pasado ano e que continúa aberta, sen descartarse...

Xornadas profesionais no IES Daviña Rey de Monforte este 22 de maio

O evento pretende achegar a realidade do mundo profesional ao alumnado de 4º da...

Exposicións e Letras Galegas na casa da cultura de Chantada

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 31 de maio a exposición...

Colócase o AZUD desmontable da Lagoa da Pinguela, en Monforte de Lemos

A colocación desta presa desmontable, lévase a cabo durante a primavera para darlle continuidade...