HomesociedadeXornadas profesionais no IES Daviña Rey de Monforte este 22 de maio

Xornadas profesionais no IES Daviña Rey de Monforte este 22 de maio

A actividade desenvolverase desde as 10:00h. deste mércores, 22 de maio, no salón de actos deste centro de ensino

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O evento pretende achegar a realidade do mundo profesional ao alumnado de 4º da ESO de Monforte e comarca así como aos equipos de orientación de todos os centros. Tamén ao alumnado do centro dun xeito divertido e dinámico, amosando os diferentes puntos de vista tras rematar os estudos de FP das familias profesionais coas que conta o IES Daviña Rey, Electrónica e electricidade, Atención a Persoas en Situación de Dependencia e Automoción.

Como poñentes están en representación do mundo empresarial: Prodeme, Agrícola Pérez e Sicyme, para falar do mundo do emprendemento está o Polo de Emprendemento de Monforte e están tres persoas representado a exalumnado para aportar a súa visión como traballadores con éxito tras facer os seus estudios de FP.

Para finalizar está Brais Moure, recoñecido youtuber de Monforte para facer unha pequena intervención sobre a súa traxectoria.

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...