HomesociedadeA Anpa do colexio do Courel protesta polo mal estado da estrada...

A Anpa do colexio do Courel protesta polo mal estado da estrada entre Ferrería Vella e Seoane

Esta semana a Anpa do CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel volveu queixarse en Seoane do Courel polos reiterados cortes e retrasos nas obras da estrada no tramo Ferrería Vella-Seoane.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A concentración tivo lugar na entrada da aldea de Seoane e déronse alí encontro máis dun cento de persoas, entre pais, nais, nenos e veciños que se sumaron á protesta. Os contínuos cortes do tráfico, o estado dos roteiros de desvío e os retrasos na finalización da obra están a afectar aos transportes escolares dende hai case dous anos.

O estado da estrada está tamén a afectar a toda a veciñanza e aos negocios locais. “Levamos dous anos convivindo con estas obras, que aínda non remataron, a pesar de que a obra a realizar afecta a pouco menos de tres quilómetros de estrada”.

Ademais das dificultades diarias dos transportes escolares para pasar polo tramo afectado, lembran que hai uns días produciuse un desprendemento a consecuencia dos traballos que se están a realizar e pechouse a estrada durante varios días, “agravando a xa precaria situación en que os nenos teñen que viaxar ao colexio”.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...