HomeEconomía28 de xuño de exposición de conclusións da primeira fase do proxecto...

28 de xuño de exposición de conclusións da primeira fase do proxecto “O Courel destino e futuro”

O próximo día 28, venres, a partir das 10 da mañá na casa da cultura de Quiroga celebrarase a xornada que pecha a primeira fase de execución do proxecto "O Courel Destino e Futuro" que co cofinanciamento do MITECO realizouse nos últimos 15 meses nos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto, exposto para afrontar o reto demográfico e as dificultades que ten o desenvolvemento do medio rural, está a ser executado por expertos consultores analizando as potencialidades da comarca para favorecer a creación de empresas e emprego co obxectivo de fixar poboación e conseguir un futuro mellor para a cidadanía.

Ao longo destes 15 meses realizáronse unha decena de xornadas nas que se analizaron temas como o turismo rural, a viticultura, o mantemento do medio natural, o patrimonio, o inventario de edificacións para rehabilitar e outra serie de aspectos que puidesen ser de especial interese e conseguisen un efecto de atracción de nova poboación á comarca pois os datos actuais da pirámide poboacional son moi preocupantes con mais dun 60% dos cidadáns envellecidos, escasa substitución xeracional e dificultades como as infraestruturas que é necesario mellorar notablemente.

Na xornada do día 28 efectuaranse unhas primeiras conclusións especialmente nos aspectos de Investimentos no medio rural, a transferibilidade de proxectos doutras comarcas que poidan ser aplicables en no Courel e un debate de ideas e recomendacións sobre tres aspectos fundamentais como son o turismo, os viños e a unificación dunha imaxe de marca do Courel, que distinga os produtos no seu conxunto e chegue aos consumidores para aumentar as cotas de mercado tanto de atracción de turistas como de venda de produtos agroalimentarios, viños, aceites, cereixas, mel, marmeladas e outros.

A xornada será clausurada polo Director Xeral de AGACAL, Martín Alemparte, e polo socio da consultora Noa Inova, José María López Bourio.

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...