HomePolíticaCourel Vivo presenta unha moción para reunirse os tres grupos municipais con...

Courel Vivo presenta unha moción para reunirse os tres grupos municipais con Sanidade e solucionar a falta de médicos no Courel

O grupo da oposición presentará unha proposta no próximo pleno de outubro do concello de Folgoso do Courel. O obxectivo, solicitar unha reunión dos tres grupos municipais cos responsables do Sergas, xa que, pese as insistentes queixas dos cidadáns, en lugar de arranxarse a situación cada día que pasa aumentan as horas sen médico nos centros de saúde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Folgodo do Courel leva anos sufrindo recortes na atención sanitaria nun territorio de zona de montaña cunhas intensas características orográficas, ampla dispersión xeográfica e poboación moi envellecida, “que representa máis do 70% do total, cunha penetración de enfermidades crónicas asociadas relevante”, explican desde Courel Vivo.

Fai 4 meses, os 3 grupos municipais aprobaron unha proposta para non volver quedar un só día sen Doutor/a e Enfermeiro/a polas peculiaridades da zona. Tamén solicitaban traballar na redacción e aprobación dunha lei de alta montaña como teñen outras comunidades autónomas para brindar servizos en concellos como Folgoso do Courel

Courel Vivo asegura que neste mes a cobertura está sendo mínima, “O problema é grave e todos o sabemos. Pero uns reclamamos e outros compran escusas baratas da Xunta. Os políticos están para resolver os problemas, se non son capaces de resolvelos non pintan nada no cargo”.

Acusa ao Sergas de vulnerar sistematicamente a lei, concretamente o Real Decreto 137/1984, de 11 de Xaneiro, sobre Estruturas básicas de Saúde, onde di que A Unidade Básica de Saúde (CS) non poden estar a máis 30 minutos, “No caso do Courel, pasa da hora para moitas persoas”. Lembran que a Xunta anunciou que no 2024 se incorporarían máis de 200 médicos ó Sistema Galego de Saúde e pregúntanse se no Courel non están dentro do Sistema Galego de Saúde, para priorizara cobertura Sanitaria?

Con todo o anterior, na moción presentada piden solicitar á Consellería de Sanidade e ó responsable de atención primaria en Lugo, unha reunión urxente cos 3 grupos políticos do Courel, como xa acontecera na anterior lexislatura.

Protestas sanidade Courel / Courel Vivo

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...