HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelPoxa de gando en Seoane do Courel

Poxa de gando en Seoane do Courel

Desenvolveuse dentro da tradicional Feira do Gando, unha xornada festiva que tivo lugar este sábado 17 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, participou este sábado 17 de maio na poxa de Seoane do Courel celebrada no recinto feiral deste concello da Montaña. A Deputación de Lugo presentou tres exemplares preñados de raza Rubia Galega procedentes da Granxa Gayoso Castro de explotacións gandeiras de Vilalba e Becerreá, que se venderon a un prezo medio de 3.733 €.

Carlos López puxo en valor o traballo que desenvolve a Deputación de Lugo na Granxa Gayoso Castro situada en Castro de Rei manifestando que “é un dos piares da ampla actividade de apoio ao sector primario que desenvolvemos na institución provincial, que converteu este centro nun referente e un motor da actividade agrogandeira na provincia e no conxunto de Galicia a través da formación e a investigación”.

Os animais tiveron un prezo de saída por cada animal de 2.200 € e os gandeiros e gandeiras participantes beneficiáronse dunha axuda directa de 200 euros, subvencionada por Caixa Rural Galega como incentivo á mellora da cabana gandeira. 

A poxa desenvolveuse dentro da tradicional Feira do Gando, unha xornada festiva na que tamén contou con postos de artesanía, produtos locais, plantas, sementes, polbo á feira e música en directo, recuperando unha tradición de apoio a gandaría e o comercio artesanal.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...