HomeComarca de QuirogaQuirogaExtinguido o lume de Quiroga que queimou 16 hectáreas

Extinguido o lume de Quiroga que queimou 16 hectáreas

A Xunta di que non ten constacia de que afectara a zona de protección.

Publicado o

- Advertisement -

O incendio que se orixinou a pasada madrugada no municipio de Quiroga (Lugo), parroquia do Hospital, quedou extinguido, segundo informaron a Europa Press fontes da Consellería de Medio Rural.

O lume orixinouse sobre as 00,54 horas da madrugada do luns na parroquia do Hospital, nun dos municipios da Serra do Courel que forma parte de Rede Natura, aínda que desde a Consellería manifestaron que non tiñan constancia de que afectase á zona de protección.

O incendio, tras quedar controlado na xornada de onte, quedou extinguido ás 02,13 horas, afectando a un total de 16 hectáreas, precisaron desde o departamento autonómico.

Nos labores, os servizos de extinción contaron con apoio aéreo, con avión e helicóptero, ademais de brigadas e motobombas. En concreto, foron, segundo os últimos datos achegados, seis axentes 22 brigadas, 10 motobombas, unha pa, seis avións e seis helicópteros.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...