HomesociedadeÉxito total de participación no ’Qui Medo’ de Quiroga

Éxito total de participación no ’Qui Medo’ de Quiroga

A que será II Ruta do Terror de Quiroga, este sábado 30 de outubro, vén de anunciar que conta xa con 450 inscritos.

Publicado o

- Advertisement -

No 2019 nacía en Quiroga a primeira ruta do terror da man da asociación local Qui-Roma. A iniciativa tivo moi boa acollida pero despois chegou a pandemia, co cal a idea non puido desenvolverse no pasado 2020.

E foi este ano cando os organizadores viron que, dadas as novas circunstancias, podía retomarse o evento. Dito e feito, puxéronse a darlle á cachola a principios de outubro e xa teñen practicamente todo rematado para este sábado 30, en plena ponte de Santos, meterlle medo a todas e todos aqueles que se atreverán a facer o recorrido do que será a II Ruta do Terror de Quiroga, o Qui-Medo.

INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO

O percorrido ideado pola organización terá, entre o seu principio e o seu final, unha serie de casas do terror con diferentes sorpresas. Todas elas –evidentemente– terroríficas, arrepiantes e ambientadas para poñer os pelos de punta do medo. De feito, aconsellan non levar a nenos/as menores de 12 anos. E de levalos, en todo caso acompañadas/os de seus pais.

O Pavillón Municipal de Quiroga será o lugar onde se recollerán os pases para acceder ás diferentes casas do terror entre as 19:00 e as 20:00 h., hora esta na que terá lugar a saída para comezar o percorrido.

Ademais dos pases, entregarase a cada persoa que participe de xeito individual ou ao líder do grupo, se a participación é colectiva, un mapa do casco urbano de Quiroga onde estará indicado o percorrido e as casas que se teñen que visitar. A distancia total do traxecto completo é de 4 quilómetros, asequible para todos os públicos.

O tempo de duración da actividade está calculado para desenvolverse entre as 20:00 e as 23:00 h. rematando no Pavillón Municipal cunha chocolatada e entrega de premios ao mellor disfrace individual e ao mellor grupo. Os premios serán uns vales para unha cea, no caso do grupo gañador o vale consiste nunha cea para 5 persoas, en ambos casos a validar en dous establecementos hostaleiros de Quiroga.

Ademais da chocolatada, DJ Míchel poñerá a guinda musical ao remate desta orixinal ruta do terror quiroguesa.

Ao peche desta noticia, a organización do Qui-Medo anunciaba que había 450 inscricións formalizadas para participar. Tamén traslada á xente que se alguén se quere desapuntar, porque o medo lle pode, que o faga chamando ao teléfono 982 435125.

Cartel reclamo da actividade. Deseño: Asoc. QuiRoma

ÚLTIMAS

Un ouro e unha prata para Atletismo A Gándara no Campionato Galego

A expedición feminina do club monfortino regresou con dous metais e marcas persoais que...

ANPAS de Monforte reclaman ao concello servizo de madrugadores nos colexios públicos

Segundo explican as asociacións, nos últimos meses mantiveron dúas reunións co Concello para explorar...

Esperta Monforte leva a pleno a rehabilitación da muralla e a remunicipalización do servizo de abastecemento

A moción que presentara Esperta Monforte o ano pasado rexeitouse por parte do equipo...

O PP volve a esixir ao Goberno a rehabilitación integral da N-120

Despois de ter presentado distintas iniciativas, o Partido Popular anuncia que volverán dirixirse formalmente...