HomeDeportesMellora do campo de fútbol San Martiño en Quiroga

Mellora do campo de fútbol San Martiño en Quiroga

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e o xefe provincial de deportes de Lugo, Manolo Cadramón, visitaron na mañá deste luns, 27 de decembro, as obras do campo de fútbol San Martiño acompañados do alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e o concelleiro de deportes, Andrés Novoa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto de mellora que se realizou nesta instalación municipal que se construíu nos anos oitenta, inclúe a remodelación da herba do terreo de xogo, a substitución do sistema de rega actual por un máis moderno e automatizado e o replantado do terreo con herba natural. A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, achegou 38.715 € para esta mellora, que coa aportación do concello roldou os 50.000 €.

Aínda que con labores de mantemento habitualmente, o campo do San Martiño non acollía grandes remodelacións dende hai unha década cando se construíron os novos vestiarios, acondicionáronse as gradas e asfaltouse o aparcamento.

Paralelamente a esta mellora do campo de xogo, tamén se acondicionou o campo de adestramento coa colocación dunha capa de terra vexetal e a sementa de céspede. O proxecto incluía tamén a roza e retirada de maleza e a retirada de escombros dunha cancha demolida. Ademais traballouse no peche do recinto co levantamento dun muro de bloque e a colocación dunha rede, con achegas do Plan Único.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Entre presuntos anda o xogo

As acusacións feitas públicas nun programa dunha cadea estatal son da máxima gravidade. Se...

A oposición de Monforte pide a dimisión de Tomé

Tres horas antes do pleno, Tomé ofrecía unha rolda de prensa na sede dos...

Quiroga inicia o 18 de decembro un Nadal de cultura e lecer

O programa ábrese o 18 de decembro coa tradicional cea de Nadal que o...

O 15 de decembro comeza a funcionar en Monforte o servizo de Bus Rural

O novo autobús percorrerá as 26 parroquias do Concello de Monforte, dando servizo de...