HomeComarca de QuirogaQuirogaExaltación do 'Mel de Quiroga'

Exaltación do ‘Mel de Quiroga’

Coincidindo coa súa primeira feira do mes, este día 10 de agosto terá lugar a XXXI Mostra do Aceite de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Quiroga dará a coñecer unha vez máis a magnífica calidade do mel que se produce no municipio este mércores día 10 de agosto cunha mostra que chega a súa trixésima primeira edición. A organización deste evento tan senlleiro ten por obxectivo a promoción dun dos produtos típicos da comarca que goza dun gran prestixio pola súa gran calidade e variedade.

Serán 5 os apicultores que este ano presenten o mel desta zona, deixando claro porque este produto comparte en Quiroga un lugar destacado, xunto co viño e o aceite. O recinto feiral para a venda de mel e outros produtos apícolas como xelea real, pole ou própole, instalarase desde primeiras horas da mañá pola rúa Real, nas inmediacións da casa consistorial.

Feira do mel 2021 / concello de Quiroga

A partir das doce da mañá a charanga “Lou Band” encargarase de amenizar o recinto feiral.

MEL AUTÓCTONO DE GRAN CALIDADE

Os colmenares situados nas zonas máis altas do municipio producen mel co predominio do castiñeiro, mentres que os situados nas zonas do val dan mel de brezo, planta moi abondosa e da que Quiroga. Nas zonas intermedias as abellas recollen o pole de castiñeiros e queirugas que xuntan con moitas outras flores dando un mel multifloral, grazas a gran variedade na flora deste territorio onde conflúen vexetación atlántica e mediterránea.

Tres variedades con matices diferentes en canto a cor, textura e sabor pero coa mesma calidade.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...