HomeMedio ambiente e PatrimonioSilvopastoreo para consolidar a revitalización de Vieiros, en Quiroga

Silvopastoreo para consolidar a revitalización de Vieiros, en Quiroga

Medio Rural da Deputación de Lugo apoia a consolidación da revitalización da aldea de Vieiros, en Quiroga, que está a desenvolver a Asociación Proxecto Vieiros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A achega de 8.500€ servirá para o impulso da iniciativa “Vieiros con vida” co que queren desenvolver un modelo sustentable de pastoreo que, ademais de xerar un recurso económico para o asentamento da poboación, contribúa á limpeza dos montes e á prevención de incendios. A achega de Medio Rural destinarase á adquisición de animais e elementos básicos para iniciar o proxecto de incorporación á actividade agrogandeira.

“Asesorándonos por persoal técnico, pretendemos incorporar ovellas e cabras que se encargarán, baixo a atenta mirada de dous mastíns e un burro, de coidar e limpar o monte. Os animais son a mellor ferramenta para evitar incendios como os que desaloxaron entre fume e cinzas aos habitantes de O Courel”, explica Roi Estévez, responsable do proxecto e veciño de Vieiros, que apostou pola volta ao rural para habitar esta aldea casi despoboada.

A deputada, Mónica Freire, sinala que “claramente proxectos como o de Vieiros son un exemplo de iniciativas viables, tanto dende un punto de vista social, como ambiental e económico. Son modelo de proxectos consistentes e perdurables no tempo que non precisan de grandes investimentos, pero que son reflexo dun modelo no que o pequeno é grande e que, conxuntamente con outros e no medio prazo, poden contribuír a reverter a situación demográfica do rural e especificamente das zonas de montaña como o Courel”

Freire sinalou ademais que “o apoio a esta iniciativa está na liña das accións de prevención de incendios e fomento da gandería extensiva que vimos desenvolvendo durante este mandato, cun marcado carácter social e fundamentadas no factor humano como o principal compoñente de desenvolvemento rural”.

“Medidas como o programa “O que non arde”, e colaboracións con asociación gandeiras e entidades de asesoramento rural que comparten a necesidade de apostar por estes modelos como ferramenta para o desenvolvemento da potencialidade produtiva do rural e fixación de poboación”, concluíu

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...