HomeComarca de QuirogaQuirogaConta atrás para a XXIII Mostra do Aceite de Quiroga

Conta atrás para a XXIII Mostra do Aceite de Quiroga

O Concello de Quiroga prepárase para a celebración do evento que exalta o seu ouro verde. A Mostra está recoñecida como 'Festa de Interese Turístico de Galicia' dende o ano 2014.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A celebración da XXIII Mostra do Aceite comeza a súa conta atrás, sendo o día de celebración o vindeiro domingo 14 de maio. Desenvolverase no lugar das Farrapas, en Bendilló, onde terá lugar a recreación da elaboración tradicional no muíño e onde se poñerán á venda diferentes aceites elaborados por colleiteiros de Quiroga.

Dado a coñecer o cartel, en vindeiras reunións da comisión organizadora seguirase perfilando o programa da mostra, un evento que está recoñecido como Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2014.

Ata o vindeiro luns 17 de abril mantense aberto o prazo de inscrición, lembrando a organización que o número de colleiteiros está limitado a 6, polo que os interesados e interesadas en participar serán seleccionados por orde de inscrición no rexistro de entrada das oficinas municipais. Os requisitos imprescindibles son contar co rexistro sanitario vixente e ter unha colleita mínima de 200 litros de aceite.

Cartel anunciador.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...