HomeComarca de QuirogaQuirogaMovemento de teléfonos móbiles para saber canta xente visita Quiroga

Movemento de teléfonos móbiles para saber canta xente visita Quiroga

O concello quirogués vén de informar que no primeiro trimestre deste ano recibiu 9.011 visitantes, 925 máis que no mesmo periodo do 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Quiroga recibiu no primeiro trimestre deste ano 9.011 visitantes, cifra que se coñece grazas aos novos estudos sobre o turismo baseados no movemento dos teléfonos móbiles que publica o Instituto Nacional de Estatística.

Estes datos reflicten que os número de visitantes deste primeiro trimestre foi maior que os visitantes do primeiro trimestre do 2022 en case mil persoas. A estatística marca que no primeiro trimestre do ano pasado achegáronse ata Quiroga 8.086 persoas.

Dentro dos municipios que conforman a Ribeira Sacra Lucense Quiroga ocupa o cuarto lugar dos municipios máis visitados, tras Monforte, Chantada e Sober.

Este estudo do Instituto Nacional de Estatística pretende coñecer a través da sinalización dos teléfonos móbiles, captada polas antenas de telefonía, a procedencia e destino dos turistas que visitan as distintas comunidades autónomas, provincias e municipios.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...