HomeComarca de QuirogaQuirogaInauguración do cemiterio civil de Quiroga

Inauguración do cemiterio civil de Quiroga

O sábado 10 de xuño descubríase a placa conmemorativa e, malia que quedan pequenos detalles por rematar, xa pode entrar en funcionamento como lugar de enterramento. Neste cemiterio terán lugar enterramentos de calquera crenza relixiosa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde en funcións, Julio Álvarez, concelleiros, presidentes de asociacións en representación dos veciños e represenantes das distintas relixións que se procesan na comarca –católica, musulmá, evanxelista, testigos de Jehová e protestante– estiveron presentes nun sinxelo acto no que se descubriu tamén unha placa conmemorativa.

A inauguración realizábase unha vez que xa se pode dar uso ao solo mortuorio, malia que falten pequenos remates incluídos na obra contratada que non puideron realizarse polas condicións climatolóxicas no edificio aconfesional e no muro de peche, que se o tempo o permite –como matizou o rexedor local, Julio Álvarez– levaranse a cabo a vindeira semana. A dotación de mobiliario, sistema acústico, etc da sala de culto sería traballo do que se encargaría o novo obradoiro de emprego.

Julio Álvarez cifrou nun millón de euros o investimento neste cemiterio contando os máis de 700.000 € do campo santo entre terreos e construción, e a parte da nova rúa que lle corresponde.  

O CEMITERIO

O novo recinto mortuorio, endosado ao actual cemiterio, ten unha superficie de 3.326 m2, cun local de culto aconfesional, 1.154 unidades de enterramento novos entre panteóns e nichos e dous columbarios para depositar as urnas das cinzas con 42 espazos cada un. Dende o novo recinto unha rúa en diagonal e unha serie de rúas facilitan o acceso a todos os servizos do cemiterio así como ao antigo campo santo. Todo o cemiterio está pechado cun muro de formigón visto.

RESERVA DE TERREO

As persoas interesadas xa poden facer a reserva do terreo a través dunha preinscrición coa que cada particular poderá mercar nichos ou construír a súa sepultura, sempre cumprindo coa normativa aprobada para esta instalación.

As preinscricións poden realizarse nas oficinas da casa consistorial, onde tamén se facilitará máis información ás persoas que o soliciten.

ÚLTIMAS

A ‘Carne ao Caldeiro’ en Castro de Carballedo sabe mellor

Castro de Carballedo será mañá, domingo 13 de abril, o destino escollido para moitos...

435.000€ para melloras no colexio Xoán de Requeixo en Chantada

O titular de Educación do Goberno galego subliñou a importancia que esta intervención suporá...

O BNG denuncia que o PP incumpre a lei ao non dotar de médico o servizo de HADO do Hospital de Monforte

O BNG explica que esta categoría regulouse co Decreto 34/2021, pero en Monforte a...

Nova concentración na N-540 para esixir do Goberno Central o seu arranxo inmediato

O Grupo Provincial Popular participou este venres na concentración da N-540, mobilizacións que promove...