HomeComarca de QuirogaQuirogaQuiroga máis visible para turistas e visitantes a través de Google My...

Quiroga máis visible para turistas e visitantes a través de Google My Maps e Aldealista

A plataforma Google My Maps alberga establecementos turísticos, adegas, almazaras e varias rutas de Quiroga: a ruta das Fervenzas, a ruta Quiroga no Ar e a ruta Quiroga Literaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As áreas de turismo e cultura do Concello de Quiroga veñen de sacar adiante varios mapas dixitais a través da plataforma Google My Maps para axudar a visibilizar empresas do sector turístico.

Nos mapas pódense atopar os diferentes tipos de aloxamentos que están repartidos polo concello, dende o Conceado ata a Serra do Courel. A este súmaselle un mapa sobre as diferentes empresas no sector agrícola que, en palabras dos responsables desta iniciativa, “traballan cos catro tesouros quirogueses: o viño da Ribeira Sacra, o aceite da Mansa e Brava, o mel e a castaña”.

Ademais, a través da propia páxina web do Concello de Quiroga pódese entrar directamente no mapa que recolle todos os aloxamentos turísticos, casas de turismo rural, albergues, hoteis, hostais e refuxios de montaña que se atopan no municipio de Quiroga.

O mapa das adegas e almazaras axuda a localizar todas as empresas locais que se dedican ao sector vitivinícola, olivareiro, produción de castañas e recolección de mel.

Sumado ao anterior, cómpre dicir que a través desta plataforma Google My Maps tamén se pode acceder aos mapas de varias rutas de Quiroga: a ruta das Fervenzas, a ruta Quiroga no Ar e a ruta Quiroga Literaria.

Imaxe gráfica desta aplicación nacida en San Xoán de Río

QUIROGA INCLUÍDA EN ‘ALDEALISTA’

O Concello de Quiroga xa pode presumir de estar incluído na aplicación Aldealista contando coa baldosa que contén o código QR que direcciona aos interesados e interesadas para “coñecer e namorarse” do municipio e das súas aldeas. O creador da aplicación coñecida xa popularmente como “el tinder de los pueblos”, o economista e empresario orixinario de San Xoán Río, Juan Carlos Pérez Rodríguez, achegouse o pasado 31 de outubro ata Quiroga para facerlle entrega do devandito QR ao alcalde José Luis Rivera.

Esta aplicación ten como obxectivo dar visibilidade aos recursos e atractivos turísticos dos municipios de menos de 5.000 habitantes, axudando a coñecer estes lugares e loitar contra o despoboamento.

A través destes códigos, os visitantes poden acceder a moitas informacións sobre as aldeas de cada municipio, como as casas dispoñibles para vender ou alugar, os atractivos paisaxísticos e culturais, os servizos turísticos, as festas, a gastronomía…. A aplicación utiliza un algoritmo que lle recomenda aos usuarios os lugares máis acordes cos seus gustos persoais.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...