HomeComarca de QuirogaQuirogaConta atrás para o San Martiño de Quiroga

Conta atrás para o San Martiño de Quiroga

O vindeiro 11 de novembro Quiroga honrará ao seu Patrón cunha xornada festiva na que ademais de música e castañas haberá unha presentación literaria na Casa da Cultura e unha obra de teatro no Auditorio Municipal. Esta última actividade terá lugar o domingo 12.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Quiroga presentou días atrás o programa de actividades para celebrar o San Martiño, Patrón desta localidade, a fin de semana do 11 e 12 de novembro.

O día grande, e día propio do San Martiño, está programada para as 11:00 h. unha alborada polo barrio da Praza a cargo do Grupo de Gaitas O Recanto; e un pouco máis tarde, ás 12:00 h., terá lugar a Misa e a Procesión acompañada neste caso pola Banda de Gaitas San Martiño.

Durante a mañá é tradicional que se faga rolda polas adegas dese barrio, como acto de socialización e confraternidade veciñal que continuará pola tarde coa celebración do Magosto no medio da Praza Maior a partires das 19:00 h. A esa hora volverán tocar os músicos do Recanto e a continuación amenizará a noite a Disco Móbil “Apolo”.

PRESENTACIÓN LITERARIA

Antes da celebración do devandito Magosto, concretamente ás 18:00 h., a Casa da Cultura acollerá a presentación da nova obra literaria de Celia Díaz, “filla adoptiva de Quiroga” dende o ano 2018.

A obra en cuestión leva por título “As faces do diamante”, un libro que contén 10 relatos con historias marcadas por situacións persoais que “marcan unha vida” e que demostran que vivimos en “mundos interpretativos”, porque como di a propia autora: “a verdade, coma os diamantes, é distinta segundo o ángulo desde a que a observamos”.

Outra característica deste libro de relatos, e que lle dá un atractivo engadido, é que as historias “entrecrúzanse e interrelaciónanse” con personaxes dun relato que reaparecen noutro posterior dándolle un sentido de historia plural á obra.

Celia Díaz co seu novo libro. Foto: C. D.

DOMINGO 12

O domingo, e como remate á fin de semana do San Martiño quirogués, o Auditorio Municipal acollerá unha obra de teatro. Representarase ás 18:00 h. “ODT-TVE”, peza que levarán a escea o Grupo de Teatro “Os Torques” de Burela.

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...