HomeEconomíaA Xunta remata o acondicionamento para impulsar unha actividade agrogandeira na aldea...

A Xunta remata o acondicionamento para impulsar unha actividade agrogandeira na aldea modelo de Bustelo de Fisteus

Nesta aldea do Concello de Quiroga está previsto instaurar unha explotación de gando porcino en extensivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia rematou os traballos de acondicionamento deseñados para desenvolver a actividade agrogandeira na aldea modelo de Bustelo de Fisteus, no concello lucense de Quiroga. Esta aldea, na que se prevé instaurar unha explotación de gando porcino en extensivo, abrangue unha superficie de 14,15 hectáreas distribuídas en 269 parcelas de 38 titulares catastrais.

Neste sentido, traballouse na zona para realizar unha serie de actuacións para poñer a punto os terreos. Construíuse un peche para delimitar o perímetro da aldea modelo e instaláronse comedeiros, bebedoiros e unha manga de curral, ademais doutras instalacións auxiliares como un pastor eléctrico solar recargable. Para executar estes traballos, o Goberno autonómico realizou un investimento de algo máis de 157.000 euros.

Ademais, poñendo o foco no benestar dos futuros animais da explotación, instaláronse dous dormitorios. Ambos foron construídos con madeira de piñeiro, co obxectivo de minimizar ao máximo posible o impacto que poden ter este tipo de estruturas no entorno e a paisaxe.

ÚLTIMAS

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...

O Xeoparque programa unha actividade que inclúe sendeirismo, visitas guiadas e degustacións gastronómicas

Este sábado 23 de novembro está programada a terceira actividade do 'Ciclo Outono Xeolóxico'...

Comezan as obras para rematar o paseo fluvial entre a Ponte Nova e a Gardaría Municipal de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este mércores un novo proxecto de...

Co remate do tramo Monforte-Ourense, Renfe recupera o Alvia Lugo-Madrid sen transbordos

Ata ese momento, a compañía prestou este servizo por estrada entre Ourense e Lugo...