HomeComarca de QuirogaQuirogaA Mostra do Aceite de Quiroga xa ten data

A Mostra do Aceite de Quiroga xa ten data

O Concello de Quiroga vén de anunciar que o evento celebrarase o 21 de abril e que se abre o proceso de inscrición dos produtores expositores que estean interesados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Quiroga comeza xa coa organización da XXIV Mostra do Aceite, outro evento de gran relevancia polo que significa poñer en valor un produto autoctono como é o aceite.

A data escollida para a celebración deste ano é o 21 de abril, data escollida por consenso na xuntanza mantida entre olivicultores e representantes municipais.

A Mostra do Aceite desenvolverase no lugar habitual das Farrapas, en Bendilló, onde se fai a recreación da elaboración tradicional no muíño e onde se poñen os diferentes postos de venda do aceite de oliva de Quiroga.

INSCRICIÓN DE OLIVICULTORES

A falta dun mes para a súa celebración ábrese o prazo de inscrición para participar nesta Festa de Interese Turístico de Galicia. O número de colleiteiros está limitado a 8 polo que os interesados e interesadas en participar serán seleccionados/as por orde de inscricións no rexistro de entrada das oficinas municipais. Os requisitos imprescindibles, como en anos anteriores, serán contar co rexistro sanitario vixente e ter unha colleita mínima de 200 litros de aceite.

No momento de realizar a inscrición, que se poderá facer ata o 27 de marzo, é obrigatorio presentar unha mostra dun litro de aceite en envase de cristal para realizar posibles catas.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...