HomeComarca de QuirogaQuirogaMorre un motorista tras chocar cun coche en Quiroga

Morre un motorista tras chocar cun coche en Quiroga

Publicado o

- Advertisement -

Un motorista de 47 anos faleceu esta tarde de martes ao chocar contra un coche na estrada LU-933, nas inmediacións da ponte nova de San Clodio, no municipio de Quiroga.

Segundo informa o 112 Galicia, sobre as 18:10 horas un particular deu aviso do accidente. Ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios, pero só puideron confirmar o falecemento.

O suceso tivo lugar no quilómetro 31 da LU-933 (que une Monforte con Quiroga e A Rúa). Foron avisados o 061, membros do GES de Quiroga-Folgoso do Courel e Garda Civil de Tráfico.

Pola súa banda, os efectivos do GES realizaron tarefas de limpeza do asfalto para poder circular pola vía.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...