HomeComarca de QuirogaQuirogaO alumnado do CEIP de Quiroga fai un xogo de mesa co...

O alumnado do CEIP de Quiroga fai un xogo de mesa co Meco como protagonista

O que aprenderon durante este curso sobre a súa contorna, no territorio do Xeoparque, queda reflectido neste xogo que imita ao da Oca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alumnado do CEIP de Quiroga vén de divulgar un interesante traballo que realizaron durante este curso a través do ‘Proxecto Terra’ e do ‘Proxecto Documental Integrado’. Trátase dun xogo de mesa bautizado como “O xogo do Meco” que axuda a coñecer “un territorio con moita Historia”.

“Este curso aprendemos moito da nosa contorna, das edificacións que albergaron a historia da nosa zona, os costumes ou o hábitat a través das épocas…”, comentan dende o centro escolar quirogués.

Todo o que aprenderon sobre a súa contorna plasmárono nun xogo de mesa “ao máis puro estilo do Xogo da Oca e cun protagonista moi especial: o Meco”. O taboleiro leva aos xogadores e xogadoras polos lugares e protagonistas máis destacados do Xeoparque ao longo da Historia.

O XOGO DO MECO

O ‘Xogo do Meco‘ realizouse en dúas modalidades: unha elaborada polo alumnado de infantil ata terceiro de educación primaria, e outra elaborada pola rapazada de cuarto a sexto.

Pódense descargar os taboleiros na páxina web do CEIP de Quiroga, e tamén acceder aos dous taboleiros virtuais e xogar unha partida se se desexa.

Taboleiro en liña dos pequenos, e taboleiro en liña dos maiores.

O Xogo do Meco, taboleiro dos maiores. Foto: CEIP de Quiroga.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...