HomesociedadeXornada de portas abertas este día 20 para coñecer o Belén do...

Xornada de portas abertas este día 20 para coñecer o Belén do Centro de Día de Quiroga

Este venres, día 20 de decembro, o Centro de Día da Ribeira organiza unha xornada de portas abertas para presentar ao público o seu Belén de Nadal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O evento contará con dúas franxas horarias, de 10:30h a 12:30h e de 16h a 18h, nas que os visitantes poderán desfrutar da exposición do Belén. Durante a xornada, ofrecerase café e bica aos asistentes, creando un ambiente acolledor e festivo.

Ademais, esta xornada de portas abertas ofrece unha excelente oportunidade para coñecer de preto o traballo que realiza o centro e para que outras persoas maiores poidan informarse sobre as actividades que se desenvolven nas súas instalacións.

O Belén permanecerá exposto durante todas as festas de Nadal para que veciños de Quiroga e arredores poidan visitalo en calquera momento.

Belén centro de día Quiroga / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...