HomeDeportesO Quiroga Trail Challenge pecha inscricións con 1.200 participantes

O Quiroga Trail Challenge pecha inscricións con 1.200 participantes

“Pechamos as inscricións en data e límite de prazas para garantir un óptimo desenvolvemento das probas e unha atención de calidade. Levamos varios anos mantendo un nivel de participación moi elevado que nos recompensa enormemente e obríganos a seguir mellorando”, aseguran Blas Rodríguez e Manuel Barreiro, directores da proba.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En menos de dúas semanas celebrarase a undécima edición do Quiroga Trail Challenge. O sábado, día 15 de febreiro, participarán 1050 deportistas repartidos entre as seis modalidades distintas de carreira e as dúas andainas do Trail do Castelo. Ao día seguinte, o domingo 16, 450 valentes atreveranse co famoso territorio “dor”, nas súas dúas distancias de trail e andaina.

A organización destaca a gran acollida que tiveron as distancias ultra, con 175 corredores, que superan o récord da pasada edición. Igualmente aumentou a participación nos circuítos e entre os corredores máis noveis, que se apuntaron especialmente á distancia que se estrea nesta ocasión: as carreiriñas, pensadas para promocionar o deporte entre os máis novos e tamén para os principiantes. Con presenza de practicamente todas as comunidades autónomas e tamén do país veciño, Portugal, contan cun 24% de corredores de fóra de Galicia e, do total, un 25% son mulleres.

Quiroga Trail Challenge

“Son cifras moi significativas debido a que queremos dar a coñecer as marabillas que encerra o Xeoparque Montañas do Courel. Deseñamos os percorridos para pasar por todos os seus pobos e ensinar as súas antigas ferrerías e as súas espléndidas fervenzas. Para iso recuperamos camiños primitivos, xa esquecidos, que unían as aldeas da serra”, explican desde a organización.

No programa Ingrávidos de Radio Marca, especialistas en análise e promoción de eventos de trail running e deportes de aventura, o Quiroga Trail Challenge votouse como unha das carreiras con máis encanto dentro do territorio nacional, xunto a Bandoleiros e Valle do Genal. Unha mención que “nos sabe a gloria e énchenos de orgullo, tendo en conta a proliferación de probas que existen na actualidade” agradece, Blas Rodríguez.

        Quiroga Trail Challenge

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...