HomeComarca de QuirogaQuirogaEnsaio en Quiroga para combater as herbas de viñas e oliveirais con...

Ensaio en Quiroga para combater as herbas de viñas e oliveirais con ovellas e robots desbrozadores

Trátase dunha experiencia piloto do Grupo Operativo AGRI-ROVENAT --promovido pola Fundación Xeral Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC)-- que se deu a coñecer estes días á prensa en terreos da empresa Ouro de Quiroga, orientada á produción de viño e a recuperación de variedades autóctonas de oliveiral.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo final é atopar unha alternativa aos métodos actuais, é dicir, a aplicación de herbidicas ou a realización de rozas manuais, que supoñen un custo maior. “A partir de abril e ata agosto, a vexetación vese crecer e as herbas do chan compiten cos cultivos”, contextualiza a directora do Grupo Viticultura, Oliveira e Rosa (VIOR) da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC, Carmen Martínez. Por tanto, a pretensión é “buscar métodos sustentables e que permitan manter o cultivo en boas condicións”, ademais de “coidar a contorna e a paisaxe e manter a biodiversidade vexetal que existe en cada unha destas parcelas”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O ‘Festival do Viño da Ribeira Sacra’ consolídase como escaparate do sector vitivinícola

O pasado venres 3 de xullo comezaba no Paseo do Malecón o VIII Festival...

Segredos de Pantón anuncia os roteiros escollidos para ‘Cultiva Cultura’

Tras anunciar días atrás a súa estratexia de promoción do territorio con roteiros de...

Dous detidos por transportar MDMA, cocaína e haxix ocultas no seu vehículo no Páramo

A Garda Civil detivo a dúas persoas como presuntas autoras dun delito contra a...