HomesociedadeMaría Pena López, nova centenaria de Quiroga

María Pena López, nova centenaria de Quiroga

Maruja, como é coñecida familiarmente, naceu o 7 de maio de 1925 no lugar de Parteme, parroquia de San Lourenzo do Nocedo. Desde moi nova traballou arreo nas labores do campo para sacar adiante ás fillas, xa que quedou viúva moi nova. Lembra que a vida de antes era moi escrava e había que traballar moi duro para poder axudar na casa de seus pais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta centenaria asegura que o segredo para chegar a cumprir un século de vida está en comer e durmir ben, e sobre todo non lle facer mal a ninguén. As portas da casa de Maruja en Parteme sempre estaban abertas para todo o mundo, xa que sempre lle gustaba moito recibir a visita de amigos e familiares. E o mesmo segue facendo na súa casa de Quiroga a onde se trasladou a vivir coa súa familia hai dezaseis anos e onde fixo moi bos amigos.

Este xoves pola tarde a dirección do Centro Social de Quiroga, lugar ao que acode diariamente a xogar as cartas, quixo homenaxeala polo seu 100 aniversario cunha gran festa á que acudiron amigos e familiares de Maruja para acompañala neste feliz día.

O Concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández, a Concelleira de Igualdade, Maite Pérez, e o Concelleiro de Xuventude, Luis Manuel Arias, fixéronlle entrega dunha placa conmemorativa e dun ramo de flores, en nome de todos os veciños e veciñas de Quiroga en recoñecemento á súa lonxevidade e o bo estado de saúde do que goza.

Nesta celebración non podía faltar as cen velas que Maruja soprou con moita facilidade e un brinde con todos os que a quixeron acompañar en tan importante celebración.

María Pena López, centenaria Quiroga / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....

A Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

Aseguran desde a Escudería que non se dan as condicións óptimas para reunir o...