A Confederación Hidrográfica do Miño Sil (CHMS) e o Concello de Quiroga investirán un total de 1.075.000 euros na mellora da contorna fluvial do tunel romano de Montefurado, no río Sil.
O presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, e o alcalde de Quiroga, José Luís Rivera, rubricaron este martes o convenio de colaboración que posibilitará estas actuacións.
O organismo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica destacou que o convenio ten por obxecto determinar as condicións para a colaboración entre as partes otorgantes para o financiamento e execución das actuacións, establecendo o réxime da posterior entrega das obras executadas para o seu mantemento e conservación.
A CHMS lembra que no século II o imperio romano intensificou a explotación aurífera da conca do río Sil, executando obras singulares como o túnel de Montefurado, no termo municipal de Quiroga, provincia de Lugo.
Segundo as investigacións realizadas, o obxecto deste túnel era desviar o caudal do río Sil para deixar un tramo de canle en seco e permitir así a extracción de ouro dos depósitos fluviais moi ricos no devandito material. O túnel foi escavado na Pena do Curvo por torrefacción, proceso no que acenden grandes fogueiras na fronte de escavación para fracturar térmicamente a roca.
Cunha lonxitude orixinal de ao redor de 120 metros, o paso do tempo e a erosión fluvial fixeron que unha parte substancial da lonxitude do túnel se desmorone, polo que só se conserva na actualidade un tramo de 52 metros de lonxitude da obra orixinal.
Por outra banda, existe unha galería de prospección mineira, de época moderna, sensiblemente paralela ao túnel romano e a cota superior á deste.
ACTUACIÓNS PREVISTAS
Entre outras actuacións, executarase unha senda que permitirá percorrer o perímetro do meandro abandonado do río e situarase un miradoiro que permita contemplar o val do Sil e habilitarse*aínda punto de información no núcleo de Montefurado.
“Este conxunto constitúe a verdadeira porta de entrada e saída da Ribeira Sacra; neste momento a un paso de ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade pola súa característica de ‘Paisaxe da Auga’, singularidade fundamental presente e protagonista neste elemento xeolóxico e histórico singular“, destacou Quiroga
O investimento total necesaria para a actuación estimouse en 1.075.000,00 euros, que será sufragada nun 90% pola CHMS e 10% restante polo Concello.