Organizada pola área de deportes do Concello creouse este novo evento deportivo, seguindo a estela da Night Trail e Night Run, pero esta vez soamente Andaina.
O prezo da inscrición foi de 5 € para os adultos e 3 € para os menores de 15 anos. A recadación entregábase integramente á Asociación Española Contra o Cancro (1.487€), a través dun cheque simbólico que recollía a representante desta asociación en Quiroga, M. Carmen Aira.

I Andaina Noite de Estrelas / Concello de Quiroga
E unha vez realizada a parte solidaria comezaba a saída dende a praza de España, para dirixirse pola rúa Real ata a praza Maior dende onde irán por Pacios de Mondelo, o camiño do Regueiral, a Ermida e San Vitoiro, para coller a pista do monte da Conchada recorrendo uns 7 km, nun recorrido de nivel fácil. A volta para Quiroga sería pola zona da Praza Maior.
Un recorrido cunhas bonitas vistas nocturnas de Quiroga no que os participantes empregarían preto de dúas horas para volver ao punto de partida.

I Andaina Noite de Estrelas / Concello de Quiroga