HomeComarca de QuirogaQuirogaClaudio, da cadea Gadisa, desembarca en Quiroga

Claudio, da cadea Gadisa, desembarca en Quiroga

A franquicia estará no centro urbano da localidade lucense, concretamente na Rúa Real 102, nun local que operaba xa como supermercado pero baixo a marca DIA.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O establecemento franquiciado, do grupo GADISA, ten unha sala de vendas de 400 m2, o que favorece poñer ao alcance dos clientes unha ampla variedade de 4.000 produtos. Salientar a súa carnicería tradicional, moi popular pola súa calidade dende hai anos en Quiroga e tamén outras seccións de produto fresco, como froitería, panadería e charcutería ao corte.

“Un dos valores deste modelo é impulsar a dinamización socioeconómica da contorna e crear comunidade a través do emprego”, sinalan dende o grupo de distribución alimentario tras dar a coñecer que o novo Claudio fai posibles 5 postos de traballo.

ATENCIÓN AO CLIENTE E FOTO DE FAMILIA

A proximidade aos clientes é outra das fortalezas desta liña de negocio, que promove unha atención personalizada e maior comodidade a través dun horario de apertura adaptado ás súas necesidades. O novo Claudio abre de luns a sábado, de 9.30 a 14 horas, e de 16.30 a 20.30 horas.

Para presentar oficialmente a nova apertura, achegáronse a Quiroga os representantes de GADISA Retail, Gonzalo Corredoira, delegado na provincia de Lugo, e José Carlos Ares; o director de vendas de franquía, Miguel Freire; o coordinador, Sergio Trujillo; e o supervisor de franquía do establecemento, Raúl Vázquez. Xunto a eles estiveron aos propietarios do Claudio, Ana Sánchez e Jorge Folla; e o seu equipo de traballo.

EXPANSIÓN EN 2025

GADISA Retail incorporou 19 puntos de venda á súa franquía en 2025. Co Claudio de Quiroga suma 253 establecementos, dos que 113 son Claudio e 140 Claudio Express. Están implantados en Galicia, Castela e León, Asturias e Madrid.

Actualmente está posicionada como referente no sector da alimentación en Galicia, cunha expansión constante nos últimos anos. O seu desenvolvemento está baseado no valor estratéxico de integrarse na compañía galega líder de distribución operando baixo un modelo contrastado e apoiado por un equipo profesional con ampla experiencia.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...