HomeCultura'Peitoescuro' desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Será este venres 28 de novembro ás 20:00 h. no espazo multiusos de Salcedo, no Concello da Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Primeiro foi ‘Alvorada’, despois seguiulle ‘Metamorfose’, e agora chega a terceira peza final da triloxía audiovisual do artista quirogués ‘Peitoescuro’ dirixida tamén polo produtor Álex Baena. O título escollido para este videoclip é ‘Pan das pedras’ e poderase ver en primicia na Pobra do Brollón, concretamente no espazo multiusos da aldea de Salcedo.

O pase está programado para as 20:00 h. e haberá algúns petiscos para compartir entre os presentes na cantina da Salanova, segundo explica Rubén Gutiérrez, ‘Peitoescuro’.

Coa presentación oficial de ‘Pan das Pedras’ queda xa o camiño aberto para “Semente na fenda”, o título do álbum de estudio no que Peitoescuro explorará artísticamente “a escuridade necesaria para enraizar e espertar do letargo en busca da luz”.  A previsión para o seu lanzamento é para principios do vindeiro ano.

O consolidado produtor compostelán e colaborador habitual de TanxugueirasIago Pico, comandará a produción musical deste traballo que, a entender do grupo de traballo, “xerará gran expectación entre público e promotores”.

ÚLTIMAS

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...