HomesociedadeO 'Parga', pregoeiro na 'Festa da Cereixa e do Aceite de Ribas...

O ‘Parga’, pregoeiro na ‘Festa da Cereixa e do Aceite de Ribas de Sil’

O exfotógrafo de El Progreso, José Antonio Arias Parga, será o encargado de pregoar as bondades destes dous produtos autóctonos e desta celebración tan relevante para o concello.

Publicado o

- Advertisement -

Conta atrás para a celebración en San Clodio, capitalidade do Concello de Ribas de Sil, da XVII edición da Festa da Cereixa e do Aceite.

Avanzado maio pintan e maduran as cereixas, co cal xa é tempo de celebrar na contorna da coñecida Praia Fluvial de San Clodio a festa de exaltación de dous produtos autóctonos do lugar, a cereixa e o aceite. As datas fixadas para esta ocasión son o 1 e o 2 de xuño.

Cereixas e Aceite de Figueiredo. Foto: Miguel

Como cada ano haberá postos de cereixas e de Aceite de Figueiredo ademais doutros con produtos gastronómicos típicos da zona, artesanía, roupa, xoguetes, etc. E non faltarán tampouco na programación o deporte, a música, as demostracións e as actividades infantís.

O pregoeiro desta edición será o famoso ‘Parga’, nome abreviado co que se coñece ao reporteiro gráfico José Antonio Arias Parga. Trátase dunha persoa moi popular e aprezada no sur de Lugo pola súa proximidade e a súa retranca, trazos da súa personalidade cos que chegou á xente no exercicio durante tantos anos da profesión de xornalista e fotógrafo para o xornal El Progreso, medio de comunicación no que deixou de traballar este ano, antes de chegar á xubilación.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...