HomeMedio ambiente e PatrimonioOs ríos queren diversión e non peixes lixo

Os ríos queren diversión e non peixes lixo

A praia fluvial de San Clodio en Ribas de Sil acolle actividades lúdico deportivas e nos Chancís prepárase unha nova edición da pesca do peixe lixo.

Publicado o

- Advertisement -

Este xoves 16 de agosto entre as 17.00 e as 20.00 h. a praia fluvial de San Clodio acolle unhas xornadas que inclúen tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos  e xogos populares. Para as actividades contarase coa supervisión dun coordinador e varios monitores, que se encargarán do coidado e atención dos participantes para garantir unha actividade divertida e segura.

Actividades fluviais arquivo / Deputación Provincial

A actividade está promovida pola Deputación de Lugo co obxectivo de crear alternativas ao turismo de praia e poñer en valor os recursos naturais e paisaxísticos que supoñen os ríos, as praias fluviais e a súa contorna.

Tamén co obxectivo de poñer en valor os nosos ríos e facer unha chamada de atención sobre a utilización que lles damos, celebrarase o día 21 de agosto a 7 edición da pesca do peixe lixo. Os voluntarios que participen nesta xornada recollerán o lixo que apareza no río na zona dos Chancís en Sober.

ÚLTIMAS

O 14 de febreiro Sober celebra o desfile de Entroido e o Baile da Cachucha

O sábado, día 14, a festa empeza ás 17:00h co desfile de Entroido...

Xornada sobre o aove galego o 24 de xaneiro en Quiroga

Baixo o título de “Elaborar aceite de oliva virxe extra de calidade en Galicia....

A tradicional ‘panceta ao espeto e o chourizo asado’ nas Festas do San Vicente en Margaride

Margaride de Lor, parroquia do Concello de Quiroga, estará de festas a vindeira fin...