HomesociedadeO 14 de febreiro Sober celebra o desfile de Entroido e o...

O 14 de febreiro Sober celebra o desfile de Entroido e o Baile da Cachucha

O Concello de Sober presenta as actividades para o sábado día 14 de febreiro, cando celebrará o día grande do Entroido e o XVIII Baile da Cachucha. Previamente, o 5 de febreiro celebrarán o xoves de Compadres e o 12 de febreiro o xoves de Comadres.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sábado, día 14, a festa empeza ás 17:00h co desfile de Entroido con saída desde a Praza do Concello. Por vez primeira haberá un premio á música en directo, que levarán aqueles que mellor canten ou toquen no transcurso do desfile. Tamén se poderán conceder accésits en cada unha das categorías.

Ás 18:00 horas haberá música, inchables e xogos no pavillón polideportivo e ás 19:30 horas levarase a cabo o concurso de disfraces infantil. Ás 20:00 horas haberá unha degustación gratuíta de cachucha e viño para todos os asistentes.

Os premios deste Entroido 2026 en Sober son os seguintes:

Comparsas. Participación: 60 euros

  • 1º Premio: 400 euros
  • 2º Premio: 250 euros
  • 3º Premio: 150 euros
  • 4º Premio: 100 euros

Grupos. Participación: 30 euros

  • 1º Premio: 120 euros
  • 2º Premio: 100 euros
  • 3º Premio: 90 euros

Individual e parellas

  • 1º Premio: 80 euros
  • 2º Premio: 60 euros
  • 3º Premio: 50 euros

Concurso de disfraces infantil

Grupos

  • 1º Premio: 80 euros
  • 2º Premio: 60 euros
  • 3º Premio: 50 euros

Parellas

  • 1º Premio: 60 euros
  • 2º Premio: 40 euros
  • 3º Premio: 30 euros

Individual

  • 1º Premio: 40 euros
  • 2º Premio: 30 euros
  • 3º Premio: 20 euros

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...