HomeCultura‘Las Vegas’, en San Clodio, comeza o 13 de xullo as actuacións...

‘Las Vegas’, en San Clodio, comeza o 13 de xullo as actuacións en directo

O local vén de presentar xa a programación para xullo e en breve anunciará tamén a de agosto. As actuacións encáixanse nas fins de semana sendo este sábado 13 de xullo a que “abre o telón da Pista” cun concerto a cargo do dúo pontevedrés La Mosca Valiente desde as 23:00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este Hotel-Restaurante de San Clodio, en Ribas de Sil, prepara un interesante cartel de concertos para os meses de xullo e agosto. O pasado 2023 a xerencia puxo en valor a espectacular terraza, tras moitos anos de inactividade, e preparou, con gran éxito de público, unha variada programación musical para as fins de semana dos meses de verán.

Con esta aposta pola música en vivo, Las Vegas conseguiu ser un punto de encontro da comarca grazas ao atractivo da súa terraza, un espazo coñecido de antigo como ‘A Pista’, e grazas á calidade de propostas musicais que pasaron por alí.

La Mosca Valiente, formación que actuará o día 13, leva ao límite o formato acústico facendo vibrar ao público e sorprendéndoo coa súa proposta enriba do escenario. Estamos a falar de dous curtidos músicos, Marcos e Rodrigo, que volven a San Clodio para reencontrarse con fans e sorprender a novo público co seu repertorio ecléctico no que abranguen cancións de onte, hoxe e sempre. Referíndose á súa proposta musical enriba do escenario, din: “Chamámolo ‘wrestling music’ porque nun concerto podemos chegar a tocar temas de 8 ou 9 estilos diferentes”. 

Para o vindeiro 20 de xullo actuará o grupo de Jazz Fusion ‘Medianoche MME 3ª Dimensión’ e rematando o mes, o dúo ourensán de versións Soul & Roll, con Miguel Araújo á guitarra, e a televisiva Tamara Pérez á voz.

Grupo jazz Medianoche

ÚLTIMAS

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...