HomeMedio ambiente e PatrimonioVicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo desenvolve un proxecto de consolidación e reparación dos restos da antiga Torre de Tor, o único vestixio que segue en pé da fortaleza do século XIV sobre a que se reedificou o Pazo de Tor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche do edificio principal do Pazo no seu lado este. A estrutura conservada, cunha altura de 6,20 metros que correspondería a un primeiro piso da Torre, está rechea de terra e sorpota o peso dunha das galerías do Pazo.

As filtracións de auga e a presenza de vexetación xenerou abombamentos e o inicio de fendas, que se frearon cunha actuación provisonal en 2024, e que se reporán completamente con esta nova intervención, que se está realizando cos correspondentes controis arqueolóxicos.

Os traballos comezaron a pasada semana e continuarán durante os vindeiros días, cun planeamento que contempla a excavación por capas do recheo, a restauracion dos paramentos, a impermeabilización da superficie e a creación dun acabado para o solado da Torre.

A deputada de Cultura, Iria Castro, explicou que “se trata dunha actuación en profundidade, para consolidar e poñer en valor os restos da fortaleza sobre a que se construiu o Pazo de Tor e que nos remiten ao século XIV” e sinalou que “os traballos que se están realizando permitirán coñecer mellor as características construtivas deste elemento arquitectónico que non recibiu unha atención acorde coa súa relevancia histórica”

O proxecto súmase a outras intervencións de conservación e mellora que se realizaron no Pazo de Tor, como a restauración doutros tramos do muro de peche, que separa o horto do xardín, a renovación do portón de madeira que comunica estes dous terreos, e a restauración do frontón do Pazo,

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...